Quén somos

O Club Deportivo Bembrive Fútbol Sala inscribese no Rexistro Xeneral da Xunta de Galicia o día 29 de setembro de 2001. Fúndase coa intención de fomentar o deporte de Fútbol Sala na Parroquia de Bembrive.

 

Nesta tempada, 2018-2019 o Club conta con once equipos federados e un grupo de biberóns que non compite en liga regular, lo que supón contar con alrededor de 150 licencias. Tódolos nenos e nenas entre 6 e 18 anos forman parte da escola deportiva.

 

función principal do Club é a educativa, para cumplila basámonos en seis premisas fundamentais que inculcamos aos nosos menores dende a base:

 

1. Practicar deporte conforme as boas artes

2. Acatalas decisións dos xueces

3. Vencer sen humillar

4. Perder sen rencor

5. Respectar ó adversario

6. Ofrecer amistade dentro e fóra do terreo de xogo

 

O Club conta cun reglamento de réximen interno, concordante coa nosa filosofía, onde se recollen as obligacións e os dereitos de tódolos membros do mesmo.

 

Esta filosofía é extensiva a deportistas, técnicos, directivos, auxiliares e acompañantes. Con ela búscase a adquisición de valores tales como o respecto, o esforzo, o compañerismo, a disciplina, a responsabilidade, o autocontrol, o traballo en equipo e a obtención de hábitos de vida saludables.

 

A filosofía do club coa base é moi clara:

  • Tódolos nenos e nenas deben participar en tódolos partidos como norma xeral.
  • Que se divirtan practicando unha actividade física será o obxetivo principal.
  • A formación por diante dos resultados.
  • Introducir na cultura de traballo en equipo e os valores de compañerismo, respecto, esforzo, espíritu de superación, solidaridad e humildad entre outros.

 

Unha das finalidades principais do Club é a de fomentar o Fútbol Sala femenino.

No primer ano comezouse cun pequeno pero bo grupo de nenas. Este grupo foi crecendo co tempo en número e en calidad ata a actualidade, conseguindo participar por méritos deportivos na 2ª División Nacional, polo que somos o primeiro Club de Vigo en alcanzar este nivel.

Non obstante, o que consideramos más importante é a estructura que está detrás do primeiro equipo.

 

 

O segundo obxetivo do Club Deportivo Mosteiro Bembrive FS o constitúe a propia práctica deportiva en sí, como actividade física, cos beneficios que proporciona no ámbito da saude, o ocio e a socialización, para a que o club intenta atender a tódalas necesidades que se plantexan, ben sexa directamente ou en cooperación con outras entidades.

 

No Club a práctica deportiva federada está aberta para todos os que o desexen, tanto nenos como nenas, conxugando a idea de participación coa de rendemento, de tal forma que, a partir de certa idade podránse establecer distintos obxetivos respecto o rendemento deportivo, atendendo ó nivel alcanzable por uns e outros xogadores.

 

O Club intenta facilitalos medios necesarios para que cada deportista poda desarrollar ó máximo as súas capacidades deportivas, poñendo a súa disposición os medios materiais e personais que estén ao noso alcance, e sempre pospoñendo os resultados ó cumplimento dos obxetivos educativos do club.

 

PATROCINADORES INTITUCIONAIS

PATROCINADORES

EMPRESAS PATROCINADORAS

SOCIOS COLABORADORES

Contacto

CLUB BEMBRIVE FUTBOL SALA
Oficina: Torreiro S/N - Mosteiro - Bembrive 
36313 VIGO

Pabellón: Camiño da Capela S/N


Teléfono

Escuela deportiva: 658103460

Otros teléfonos: 678787834 

 

Correo electrónico:

bembrive.fsala@gmail.com

 

¿Queres facerte socio?

¿Quere colaborar co Club?

 

¿Está interesado en patrocinar ó Club?

Contacta con nosotros:

 658103460

bembrive.fsala@gmail.com

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio Recomendar esta página Recomendar esta página
© CLUB BEMBRIVE FUTBOL SALA

Página web creada con 1&1 IONOS Mi Web.