CRÓNICAS

Os nosos partidos

PREFERENTE GALICIA

 

?? VILALBA F. S. 3 - 4 BEMBRIVE F. S.
O BEMBRIVE VOLVE A SENDA DA VITORIA

Chegaba a 10 xornada da Liga Preferente e as nosas xogadoras desplazábanse ata Lugo para enfrentarse ó Vilalba F. S.

O partido comezaba de cara para un Bembrive que no minuto un abría o marcador a través de María. As verdes creaban moitas ocasións pero non lograban finalizalas con eficacia, no min. 6 chegaba o primeiro gol do Vilalba por medio de Mariña, que se aproveitaba dun momento de confusión das nosas e remataba a pracer para subir as táboas ó marcador. Un par de minutos despois Laura facía o segundo aproveitando un rechace da porteira. Non obstante, no min 8 as locais lograrían pór de novo as táboas no marcador cun gol en propia meta, con este 2-2 finalizaba a primeira metade.

A segunda parte comezaba coa mesma tónica ca primeira, faltaba intensidade por parte das nosas o que fixo creer ó Vilalba. Deste xeito chegaría o terceiro das locatarías (min. 29), Sabela nunha xogada de saque de banda conseguía bater a Ana e subilo 3-2 o marcador, o que complicaba o partido para as nosas. Cara ó final as decisións do colexiado marcaron o cambio de actitude e foron o revulsivo para que as verdes entrasen de cheo no partido e loitaran ata o final pola victoria. Con este cambio de actitude e de intensidade, María faría o terceiro para o Bembrive cun disparo axustado ó pao e Picky conseguiría anotalo cuarto tanto para pechar o encontro.

Con este encontro as verdes retoman a senda da vitoria e prepáranse para recibir este sábado o S. D. A Gaiola. Non volo perdades!! 
#ImosVerdes⚽️?

1º GALICIA

??BEMBRIVE F.S. 5 - ADFS BUEU 1

SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA DAS VERDES ANTE UN MOI COMPETITIVO BUEU

O sábado o pavillón de Bembrive acollía unha vez máis os partidos dos nosos equipos e non podía ser noutra pista que na nosa para seguir coa boa dinámica retomada na xornada 5. 
O partido comezaría moi intenso e non baixaría o ritmo ata o asubío final. Nos primeiros minutos semellaba que o marcador rápido ía poñerse a favor do Bueu cun penalti a favor por unha man involuntaria dentro da área. Por sorte para as nosas o disparo non foi acertado e o non mudaría o marcador. Aínda así no minuto 20 de xogo as rivais conseguiron poñerse por diante no marcador. As nosas non baixaron os brazos e seguiron coa iniciativa ofensiva e o bo traballo en defensa tería os seus froitos no minuto 23, no que por medio de Antía conseguiron facer subir o 1 - 0 ó electronico. O partido iría 1-1 ó descanso.

Na segunda metade a intensidade ofensiva e defensiva no foi menor e tanto as nosas como as rivais tiveron que dar o máximo. No minuto 32 Ana Cid, que volvía a xogar tras un esguince de xeonllo, conseguiu subir o 2-1 ó marcador. Nos últimos 10 minutos o Bueu en busca do empate e a victoria sacaba porteira xogadora e unha vez máis o bo traballo defensivo tería os seus froitos con 3 goles máis para as nosas por medio de Tuti, Sofi e Sara, nos minutos 46 e 49 respectivamente. O partido remataría cun 5-1 a favor das verdes que suman 3 puntos importantes para seguir pelexando por non descolgarse dos equipos que van en cabeza.

A victoria deste sábado é resultado do bo traballo en equipo, dunha actitude impecable das nosas xogadoras e as ganas que caracterizan a estas rapazas. Seguide así!

#ImosVerdes ???

PATROCINADORES INTITUCIONAIS

PATROCINADORES

EMPRESAS PATROCINADORAS

SOCIOS COLABORADORES

Contacto

CLUB BEMBRIVE FUTBOL SALA
Oficina: Torreiro S/N - Mosteiro - Bembrive 
36313 VIGO

Pabellón: Camiño da Capela S/N


Teléfono

Escuela deportiva: 658103460

Otros teléfonos: 678787834 

 

Correo electrónico:

bembrive.fsala@gmail.com

 

¿Queres facerte socio?

¿Quere colaborar co Club?

 

¿Está interesado en patrocinar ó Club?

Contacta con nosotros:

 658103460

bembrive.fsala@gmail.com

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio Recomendar esta página Recomendar esta página
© CLUB BEMBRIVE FUTBOL SALA

Página web creada con 1&1 IONOS Mi Web.