CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS (Sub 16)

Betanzos e Miño acolleron a pasada semana a fase previa do Campionato de España sub 16 e sub 19 feminino de fútbol sala.
O noso club tivo representación na categoría sub 16 por medio de Lucía Osorio e Antía Ribeiro, que sen dúbida puideron vivir unha experiencia emocionante. Dende o club queremos destacalo seu papel e transmitirlle os nosos parabéns pola convocatoria, seguide así campionas!

Comezaron a fase previa empatando nos últimos instantes do partido contra a selección de Madrid, que vencería a penaltis. E despedíronse do campionato con bo sabor de boca malia non poder obter a clasificación, venceron fronte Castela A Mancha por 3-1.

#imosverdes?

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

Lalín acolleu o sábado, 28 de decembro, a fase final do campionato de seleccións comarcais. Ambas seleccións lograron clasificarse a fin de semana pasada na fase previa que se xogou en Marín (A Raña).

Destaca-lo papel das nosas, transmitirlle os nosos parabén e desexar que sigan traballando así de ben ????
 

- INFANTIL FEMININO 
Contaban coa participación por parte do noso club de Antía Boullosa e foron as vencedoras do campionato.
-

- ALEVÍN FEMININO
Contaba coa participación de Sara Osorio e Sabela Garrido. Lograron quedar subcampionas.

 

Moi orgullos@s das nosas que fixeron un bo papel cos seus respectivos grupos.

REENCONTRO

 

Onte os equipos da nosa base e tamén o corpo técnico tiveron unha visita moi especial. Puideron gozar da compañia de Mario Paz Bahillo (Pollito), o que foi o noso capitán na 2° División B; tempadas onde se acadaron os resultados máis gloriosos da historia do noso club. 
Actualmente é xogador da 2° división italiana e milita nas filas do Virtus Rutigliano. Dende aquí agradecela súa visita, esta sempre será a súa casa, e desexarlle que siga loitando polos seus obxectivos e cumplindo soños! @mariopazbahillo
#verdespolomundo?

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS (Infantil feminino)

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE LA RFEF

A semana pasada disputouse o campionato de seleccións autonómicas ds categoría infantil feminino en Ejido. O noso club contaba coa representación de LUCÍA OSORIO e hoxe, cuns días de retraso, queremos destacar a súa labor e darlle a noraboa pola súa participación, así como polo seu esforzo.


O seu grupo contaba con rivais fortes do nivel de Andalucía e Madrid. Os resultados non foron os agardados e sumaron tres derrotas fronte a Murcia (5-4), Andalucía (10-0) e Madrid (6-2). Non obstante, conseguiron impoñerse a selección de Navarra no seu último partido para despedirse cun mellor sabor de boca (9-2).


Finalmente, sería a selección madrileña a que lograría facerse co campionato tras vencer a Aragón por 2-5.

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

Do 2 ao 4 de marzo disputouse en Lugo o campionato de seleccións comarcais.

- INFANTIL FEMININO 
Contaban coa participación por parte do noso club de Lucía Osorio e Paula Estévez como xogadoras e con Sabela Garrido como adestradora.
Na fase de grupos conseguiron dúas victorias contra Pontevedra (2-1), cun gran gol de Lucía, e contra Santiago (4-0), non obstante caerían ante a selección de Coruña por 4-2. A selección gañadora foi a de Ourense.
- AL
EVÍN MIXTO

Contaba coa participación de Fabio Cespón e non lograron pasar da fase de grupos onde cairon fronte as selección de Pontevdra, Santiago e Coruña. A gañadora foi a selección de Ferrol.

- ALEVÍN FEMININO
Contaba coa participación de Antía Boullosa e María Barcia. Na fase de grupos sumaron un empate contra Santiago (2-2) e unha derrota contra Coruña (2-3), na semifinal perderon contra Pontevedra (3-2). A selección gañadora foi a de Lugo.

Moi orgullos@s d@s nos@s que fixeron un bo papel cos seus respectivos grupos.

SAN BLAS 2019

FURANCHO: OS VERDES DE SAN BLAS

Pasou o día, pasou a romería. 
Queremos agradecer dende o club a tódalas persoas que colaboraron connosco, ás que botaron unha man cos preparativos, ás que estiveron detrás da barra ou na cociña, así como a tódolas persoas que viñeron a consumir e compartir con nós uns intres desta festa. GRAZAS.

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓN COMARCAIS                    Sub-16 e Sub-17

 

En decembro e en Mondoñedo celebrouse o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-16 e Sub17. Seis das nosas xogadoras foron convocadas coa Selección de Vigo e tivemos a sorte de poder velas desfrutar coas súas compañeiras dos outros equipos dentro do campo! Sen dúbida esta experiencia non fai máis que sumar na súa aprendizaxe, seguide así ??????

 

 

MARÍA PÉREZ

 

 

 

 

EXEMPLO A SEGUIR

 

Arquitecta, traballando en Italia e ademáis facendo o que máis lle gusta na máxima categoría.

Moito sacrificio pero cunha gran recompensa.

SempreVERDE

 

Agradecer tamén a labor de Faro de Vigo e, concretamente, de Montse Gónzalez Iglesias dándolle visibilidade ó fútbol sala feminino e vigués.

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© CLUB BEMBRIVE FUTBOL SALA

Página web creada con IONOS Mi Web.