CAMPAÑA SIAREIROS 2017/2018

¡¡COLABORA CO CLUB!!

SIAREIR@S é un programa de apoio aos clubs deportivos da cidade de Vigo, a través da promoción das súas actividades. O principal obxectivo de SIAREIR@S é conseguir incrementar o número de soci@s de cada club da cidade, para consolidar a traxectoria deportiva destas entidades, nunha cidade cimentada nos valores deportivos da honestidade, o esforzo e a saúde.

Baixo o lema "Somos SIAREIR@S", somos deporte, complementario do xeral que aporta a Concellería de Deportes (Vigo, terreo de xogo), esta é unha iniciativa única en toda España, que aglutina a unha parte importante dos clubs deportivos de Vigo a través dun proxecto definitivo, o cal amosa a todos os vigueses e viguesas a meirande oferta deportiva local.

Obxectivos de SIAREIR@S

Siareiros naceu, por tanto, con tres obxectivos principais:

1) Alentar ao deporte base da nosa cidade co fin de crear unha sociedade cimentada nos valores deportivos da honestidade, soliedariedade e saúde.

2) Axudar aos equipos de Vigo a facerse un oco no máis alto do deporte nacional.

3) A posibilidade para os equipos de Vigo de poder adestrar nas instalacións municipais de forma gratuíta.


 

SIAREIR@S, NO TERREO DE XOGO CHAMADO VIGO

Vigo é un terreo de xogo que desenvolve unha gran oferta de actividade deportiva a través de 230 clubs en máis de 40 disciplina, SIAREIR@S ofréceche a posibilidade de poder participar directamente destas actividades a través da obtención dalgunha das tarxetas de socios SIAREIR@S.

Tes varias opcións para facerte Siareir@:

  • Podes acudir ás instalacións de VIDE (no IMD das Travesas).

  • Podes ir ás oficinas do club do teu barrio, e alí cumplimentar o formulario de inscrición.

  • Podes descargarte o formulario dende este mesmo portal de internet.

Hai dous modelos diferentes; ao facerte socio podes optar por: Carné Siareir@ Club ou Carné Siareir@ Elite.


 

CARNÉ SIAREIR@ CLUB

Con esta tarxeta, que custa coma sempre 6 euros, preténdese desenvolver unha campaña de dinamización para a captación de socios das entidades deportivas de Vigo ofrecendo un producto moi interesante para todas as persoas interesadas na actividade deportiva.

Vantaxes para as entidades adheridas ao programa SIAREIR@S CLUB:

1) Participar no programa de promoción de captación de socios a través da autorización para a dinamización da Tarxeta Siareir@ CLUB.
2) Obter as vantaxes da xestión de socios a través do programa de VIDE SIAREIR@S.
3) Ser beneficiario das promocións exclusivas do programa SIAREIR@S, descontos en empresas colaboradoras, participación en promocións, estar presente na páxina web de VIDE, etc.
4) Obter as axudas para o uso das instalacións deportivas municipais.
5) Xestionar a través de
SIAREIR@S, a captación de empresas colaboradoras.
6) Ofrecer a todos os socios e socias as vantaxes do carné Siareir@ Club.

Vantaxes do CARNÉ SIAREIR@ CLUB:

1) Participar directamente da actividade do club a través do cal te fas Siareir@. 
2) Como socio Siareir@ poderás obter grandes vantaxes:

  • Participar en sorteos promovidos dende a Fundación VIDE.
    - Ter descontos especiais en comercios adheridos ao programa SIAREIR@S.
    - Recibir información de interese deportivo da cidade de Vigo.
    - Ter acceso persoal ás accións dinamizadas dende a Fundación VIDE para o programa
    SIAREIR@S

    - Participar a través da web da Fundación VIDE.

CARNÉ SIAREIR@ ELITE

Se realmente che gusta o deporte, e queres disfrutar dos éxitos dos clubs deportivos de Vigo, esta é a túa tarxeta SIAREIR@S. Con ela, este ano de cor verde, poderás ser SIAREIR@S ELITE, co teu equipo favorito, e ademais colaborarás no proxecto deportivo do equipo.

1.- Colaborarás co teu club de forma directa. A máis soci@s, máis axudas poderá conseguir a entidade da Fundación VIDE.
2.- Poderás asistir de balde a todos os partidos de competición do teu equipo, pero tamén dos outros once conxuntos do programa
SIAREIR@S.
3.- Poderás participar das ofertas deportivas, así como dos sorteos e premios que
SIAREIR@S achegará durante toda a tempada dende a páxina Club SIAREIROS-FARO DE VIGO, a web, os clubs ou nos propios partidos.

Relación de clubs elite SIAREIR@S:

  • SD Octavio (balonmán)

  • CD Bosco (baloncesto)

  • Club Vigo (Voleibol)

  • CD Amfi (Baloncesto en cadeira de rodas)

  • Vigo Rugby Club (Rugby)

  • Halcones de Vigo BC (Béisbol)

  • FPR El Olivo (Fútbol)

  • Club Xuvenil de Teis (Voleibol feminino)

  • Traviesas HC (Hóckey a patíns)

  • CB Seis do Nadal-Coia (Balonmán)

  • UB Lavadores (Balonmán)

  • Mosteiro Bembrive FS (Fútbol sala)

REQUISITOS PARA SER SIAREIR@ ELITE:

Cumplimenta o formulario de inscrición a través do teu club, da oficina de VIDE ou da web.

Os prezos da tarxeta SIAREIR@S ELITE para a tempada deportiva axústanse ás peculiaridades de cada afeccionad@.

Para esta tempada oo prezos dos carné SIAREIR@S continuarán conxelados atendendo á situación económica actual (seguen sen subir dende 2007). Os afeccionados/as que queran ter un carné Familiar deberán presentar a fotocopia do DNI dos titulares e a do Libro de Familia.

Incorpóranse posibilidades para sectores específicos: o parado, o pensionista (se é ou non pensión non contributiva, PNC) e a unidade familiar que non acade os 3.540 euros anuais, per cápita, ou de 5.530 € no caso de familias numerosas (é dicir, un mínimo de ingresos anuais).

A documentación necesaria é:
• Fotocopia do Libro de Familia ou título de familia numerosa e declaración da renda de pai e nai (Familiar especial).
• Declaración da renda (Pensionista PNC).
• Tarxeta universitaria (Universitario).
• Cartilla do paro (Parado).

 

 

Para esta tempada 2017/2018 os prezos dos carnés SIAREIRO ELITE continuarán conxelados atendendo á situación económica actual. Dende 2007 segue ao mesmo prezo sen subir tampouco o IPC. Os afeccionados/as que queiran ter un carné Familiar deberán presentar a fotocopia do DNI dos titulares e a do Libro de Familia.   

Seguen as posibilidades para sectores específicos: o parado, o pensionista (se é ou non pensión non contributiva, PNC) e a unidade familiar que non acade os 3.540 euros anuais, per cápita, ou de 5.530 € no caso de familias numerosas (é dicir, un mínimo de ingresos anuais).

A documentación necesaria, segundo os casos, é:

•Fotocopia do Libro de Familia ou título de familia numerosa e declaración da renda de pai e nai (Familiar especial).
•Declaración da renda (Pensionista PNC).
•Tarxeta universitaria (Universitario).
•Cartilla do INEM actualizada (Desempregado)

¡¡Aprovéchate de los descuentos de las empresas colaboradoras presentando tu carnet Siareiro!!

10 % dto. para os Siareiros (presentando o carné no momento da compra).

Avda. Fragoso, 41

36210 Vigo

Tel. 986 234 147

www.deportesbalbi.com

 

 

DOBLE F SPORT

12% dto. para os Siareiros (presentando o carné no momento da compra).

Manuel Martínez, 3

36210 Vigo

Tel. 886 138 535

  VIAXES ZONDA 

logo zonda

Av das Camelias, 130,
36211 Vigo
Tel. 986 21 30 58
E-mail: 
erika@viaxeszonda.com
www.viaxeszonda.es

5% de desconto aos Siareiros no precio base (sen tasas) en Viaxes Club de Viaxes Zonda.

Descontos aos Clubs adheridos ao programa Siareiros.